Doctrina y Citas

Día 16º

“Unha política integral de seguridade non pode esquecer a necesidade de renovar e humanizar constantemente o sistema penal e penitenciario, a súa organización, a súa mentalidade e as súas persoas para evitar que quede reducido a mera retorsión social o unha sorte de vinganza institucional.” Barrio, J. No cárcere...

Unha sociedade á que se lle inoculan doses inxentes de medo vive obsesionada pola seguridade, pero a fórmula máis efectiva é a prevención. E cando esta xa chega tarde, a reinserción:

Vivimos nun tempo no que gozamos de grandes adiantos e de avances moi significativos en moitos campos nos que se desenvolve a condición humana. Pero non cabe dúbida de que tamén hai signos contraditorios e manifestamente deshumanizadores.

A esperanza cristiá rebélase fronte á desconfianza contra o diferente, contra a obsesión autodefensiva que envilece as relacións humanas, contra a violencia implícita que se manifesta en expresións como que podrezan no cárcere, contra o conformismo de pensamento dos que din que están coma nun hotel, fronte á insensibilidade que apaga o espírito.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 11:54 AM