Doctrina y Citas

Día 24º 

 “Estamos lonxe aínda do intre en que a nosa conciencia poida permanecer tranquila de ter feito todo o posible para previr a delincuencia e reprimila eficazmente, de modo que non siga prexudicando e, ó mesmo tempo, ofrecer a quen delinque un camiño de rehabilitación e de reinserción positiva na sociedade.” San Xoán Paulo II, Mensaxe para o Xubileu nos cárceres, 9 de xullo de 2000, 5.

Por outra parte os actores políticos, usando e retroalimentando o sensacionalismo e o populismo que dunha forma interesada se estende pola opinión pública, tenden a solucionar os problemas acudindo ó endurecemento do Código penal. Certamente forma parte do concepto da xustiza nun estado social e democrático de dereito o castigo das condutas antixurídicas, e o valor exemplarizante da pena, pero estes aspectos débense equilibrar no horizonte dunha xustiza restaurativa que busque tamén fórmulas de reparación da vítima, e un concepto de pena no que o primordial sexa a sanación da persoa


Last modified: Monday, 9 November 2020, 12:20 PM