Doctrina y Citas

Día 27º

“Desexamos a extensión de medidas alternativas á privación da liberdade nos casos en que resulten idóneas, e todo canto trate de evitar calquera forma de exceso nunha resposta punitiva que terá que ser sempre proporcionada e deixando salva a dignidade das persoas e as súas efectivas posibilidades de cambio.” Barrio, J., No cárcere….

Unha alternativa á prisión que se está implementando cada vez máis, sobre todo para determinados delitos, son os Traballos en Beneficio da Comunidade (TBC´s). É un campo no que as parroquias e as institucións eclesiais poden ofrecer unha contribución grande á realidade penitenciaria, ademais de favorecérense elas mesmas pola prestación de servizos. Consisten en que o xuíz sentencia ó convicto a desempeñar unha serie de horas de traballo en prazas ofertadas por organismos públicos e privados sen ánimo de lucro, librándose deste xeito da experiencia denigrante da entrada no cárcere e a perda da propia liberdade:


Last modified: Monday, 9 November 2020, 12:27 PM