Doctrina y Citas

Día 30º

“Logo vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra xa pasaran, e o mar non existía” (Ap 21,1)

Participar na humanización dos cárceres é unha contribución nobre dos cristiáns a unha gran aspiración social. Unha Igrexa comprometida, retorna á sociedade, da que ás veces parece tan distanciada, porque volve a aportar experiencias significativas, sendo sal e luz dun mundo ás veces gris e apático. Buscando ó home, pode encontrar a Deus, porque o lugar no que El nos sae ó paso é a humanidade de Xesús Cristo, que a través da entrega da súa vida ata a morte da Cruz se identificou radicalmente cos máis necesitados e pequenos, reconciliando ó mundo consigo, recreando co seu perdón a desfigurada imaxe de Deus que representa cada home e cada muller, abrindo o camiño do Reino como novo ceo e nova terra para a liberdade e a xustiza.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 12:35 PM