Doctrina y Citas

Día 5º

“Sempre está en xogo todo o home. Con frecuencia, a raíz máis profunda do sufrimento é precisamente a ausencia de Deus. Quen exerce a caridade no nome da Igrexa nunca tratará de impoñer aos demais a fe da Igrexa. É consciente de que o amor, na súa pureza e gratuidade, é o mellor testemuño do Deus no que cremos e que nos impulsa a amar. O cristián sabe cando é tempo de falar de Deus e cando é oportuno calar sobre El, deixando que fale só o amor. Sabe que Deus é amor (1Xn 4,8) e que se fai presente xusto nos momentos nos que non se fai máis que amar.” Benedicto XVI, Deus caritas est, 2005, 31.

A reinserción -a maioría das veces simplemente inserción- é a clave de bóveda do sistema penitenciario español. Este obxectivo constitucional é a medida de tódalas políticas aplicadas en relación cos presos. Nós, cristiáns, que aspiramos coas nosas accións evanxelizadoras a arraigar o Reino, non podemos quedar atrás na loita por este ideal. A sociedade, a través do sistema penitenciario, reclámanos este servizo como Igrexa e a contribución da Pastoral Penitenciaria confórmase como vital non soamente para actuar subsidiariamente alí onde non chegan os poderes públicos, senón para dar o que é máis valioso e propio dela, o anuncio de Xesús Cristo.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 11:21 AM