Doctrina y Citas

Día 10º

“É necesario reflexionar sobre as grandes líñas da Pastoral Penitenciaria para orientarnos na preocupación de reparar a xustiza ás persoas que son vítimas da delincuencia e ó mesmo tempo reconstruír a liberdade das persoas que delinquiron. Isto esixe ter en conta a dignidade da persoa, non esquecer a xustiza, coidar a liberdade e vivir o Evanxeo. En todo este proceso han de considerarse os factores socioculturais que nos cuestionan a sociedade que queremos construír, os psicoafectivos que fronte ó illamento e á masificación dos internos tratan de conseguir unha comunicación que xere esperanza, e os relixiosos que han de facer novas propostas de perdón que sen esquecer o compromiso coa xustiza busquen camiños de liberdade.” Barrio, J., No cárcere...

Por outra parte, a Igrexa complementa nos cárceres o traballo dos diferentes grupos de funcionarios, colaborando respectuosamente co seu labor profesional. O noso esforzo de sensibilización social cara ó mundo penitenciario debe tamén realizar un recoñecemento do traballo destes profesionais, moi meritorio, ás veces desempeñado en condicións moi difíciles, tan pouco coñecido e valorado, e que somete a un desgaste humano tan intenso. Cara eles e ás súas moi particulares necesidades debe ser especialmente sensible a comunidade cristiá. Eles son tamén receptores do coidado da nosa Pastoral.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 11:33 AM