Doctrina y Citas
Día 12º
“Vinde, benditos do meu Pai; recibide a herencia do Reino preparado para vós desde a creación do mundo. Porque tiven fame e déstesme de comer; tiven sede e déstesme de beber; fun forasteiro e vestístesme; enfermo e visitástesme; estiven na cadea e viéñestesme ver” (Mt 25, 34b-36)
Unha problemática moi específica é a da muller presa, pola súa dobre condena, xa que une á común de todo interno, a derivada da súa condición de muller, que a sitúa nunha posición máis vulnerable. As presas, de poboación moito máis reducida que a masculina, teñen máis dificultades debido ás menores posibilidades de clasificación e a complexidade da mesma realidade feminina dentro do cárcere. A súa penosa circunstancia tamén se agrava debido ó maior estigma recibido por parte da sociedade, polas normalmente maiores cargas familiares no exterior, e a maior presión socioeconómica. Pensemos nas nais alonxadas dos seus fillos, e no drama dos nenos que carecen da presenza e o apego da nai. Viúvas de vivos e mortos que ninguén consolará.