Doctrina y Citas

Día 18º

“Non quero a morte do pecador senón que se convirta da súa conduta, e que viva” (Ez 33,11)

Neste punto hai que resaltar a idea de que a Pastoral Penitenciaria quere ser algo máis ca unha pastoral carceraria. Ten a súa razón de ser no acompañamento das persoas, que mira a un horizonte máis amplo ca o tempo de execución da condena. Cada presa e preso fálanos dunha vida rota, de sufrimentos, de feridas inflixidas e autoinflixidas, de separación familiar e soidade, de dependencias odiosas, as máis das veces de penuria económica. A Igrexa ten unha resposta para dar ante o desafío da prevención da delincuencia desde as parroquias, desde o traballo de Cáritas e outras organizacións de solidariedade. Desde as escolas católicas, a preocupación polos xoves, e o acompañamento das familias separadas, dos desarraigados e dos grupos sociais máis vulnerables, creando oportunidades e alentando as forzas espirituais.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 11:59 AM