Doctrina y Citas

Día 22º

“Esforzarse en que os egresados non volten máis ó cárcere e se incorporen de xeito normalizado á sociedade, e queden niveladas as súas asimetrías (responsabilización plena, superación dos déficits sociais e as adicións, fidelización ó tratamento os enfermos mentais, etc), constitúe unha esixencia ineludible do sistema penitenciario e unha responsabilidade social de todos, tamén da Igrexa católica.” Barrio, J., No cárcere...

Ese camiño de esperanza reclama a atención de toda a comunidade diocesana. A nosa Igrexa é enormemente rica en recursos humanos, materiais, en experiencia e en humanidade. Moitas veces o problema é a falla de coordinación para que sexan máis eficientes. Non hai un só talento, hai moitos, e cómpre que ningún deles quede soterrado, de cara a esta contribución importante para as persoas e a sociedade no seu conxunto. Desta forma a Igrexa, partindo destas experiencias significativas, volve poñer o candeeiro por riba do celamín.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 12:12 PM