Doctrina y Citas
Día 23º
“Por outra parte, recoñecendo a lexitimidade da resposta penal ante o delito, tampouco podemos esquecérmonos do mandato constitucional que en realidade é un imperativo ético: a orientación reinsertadora do sistema penal e penitenciario.” Barrio, J. No cárcere...
Segundo a
estatística de Institucións Penitenciarias, neste ano 2017 en
España estamos no entorno de sesenta mil presos, mentres en Galicia
son uns 3.500. As presas son preto de 4.500 a nivel nacional, un 7,5%
do total, aproximadamente. Non é caer na demagoxia afirmar que esta
cifra podía baixar moitísimo máis. Por poñer un exemplo: unha
ampla porcentaxe da poboación reclusa padece un trastorno
psiquiátrico. Outra atención especializada e apoio social, así
como centros específicos para os casos máis difíciles, e non a
cadea, debía de formar parte da solución a este drama vergoñento.
O cárcere dificilmente pode ser para moitos destes enfermos lugar de
terapia e normalización. Enfermidade psiquiátrica e dependencia de
drogas son moitas veces realidades anoadas que se alimentan
reciprocamente. Estas problemáticas fálannos da necesidade de crear
alternativas.