Doctrina y Citas
Día 25º
“A Doutrina Social da Igrexa aposta pola xustiza reconciliatoria. Elo implica o noso recoñecemento e apoio primordial ás vítimas dos delitos. Lonxe de ser un obxectivo contraposto á atención debida ás persoas que delinquiron, descubrimos con gozo que o mellor xeito de evitar novas vítimas e de compensar no posible ás que sufriron o delito é esforzármonos en que non haxa máis delitos, que os infractores sexan debidamente atendidos, que se responsabilicen dos seus delitos, que pidan perdón e traten de resarcir ás vítimas e que, finalmente, a reconciliación sexa posible. Non é unha utopía. É a esencia mesma do Evanxeo da misericordia.” Barrio, J., No cárcere...
Neste campo da
xustiza reparadora a Pastoral Penitenciaria española ten
experiencias enormemente ricas e alentadoras de mediación entre
vítimas e vitimarios. Atender á sanación interior do preso,
asumindo o delito, propiciando o arrepentimento, e a necesidade de
pedir perdón, como camiño da tan difícil propia aceptación, é
paso necesario para a rehabilitación. Todos os que levan un tempo no
cárcere saben que todo isto aínda que difícil é posible, e son
testemuñas de fermosísimas experiencias gozosas de liberación ante
a conciencia da aceptación e o perdón de Deus.