Doctrina y Citas

Día 26º

“Para facer máis humana a vida no cárcere, é moi importante prever iniciativas concretas que permitan ós detidos desenvolver, en canto sexa posible, actividades laborais capaces de sacalos do empobrecemento do ocio. Así poderáselles introducir en procesos formativos que faciliten a súa reinserción no mundo do traballo ó final da pena. Non hai que descoidar, ademais, o acompañamento psicolóxico que pode servir para resolver aspectos problemáticos da personalidade. O cárcere non debe ser un lugar de deseducación, de ocio e tal vez de vicio, senón de redención.” San Xoán Paulo II, Mensaxe…, 7.

Un aspecto importante no proceso de rehabilitación do preso é o traballo dentro do cárcere. Así vimos ó principio que era incluso un mandato constitucional. Ademais de procurar a aprendizaxe e o exercicio dunha profesión, tamén contribúe á propia rehabilitación ó encher o tempo e sentirse útil. Aínda que son pequenas as pagas, permiten en moitos casos enviar unha axuda ás familias e mesmo aboar unha parte da responsabilidade civil e da carga económica da pena. Lamentablemente, a limitación dos recursos non permite acceder a tódolos presos a esta posibilidade central no tratamento.

Aínda que o noso sistema xurídico permite acceder ós presos a unha renda por desemprego temporal ó chegar á liberdade, a falta de saída laboral ó chegar á rúa pon en moitos casos en perigo o proceso de rehabilitación.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 12:25 PM