Doctrina y Citas

Día 28º

“O Xubileu lémbranos que o tempo é de Deus. Tampouco escapa a este señorío de Deus o tempo da reclusión. Os poderes públicos que, en cumprimento das disposicións legais, privan da liberdade persoal a un ser humano, poñendo como entre paréntese un período máis ou menos longo da súa existencia, deben saber que eles non son señores do tempo do preso. Do mesmo xeito, quen se encontra encarcerado non debe vivir como se o tempo do cárcere lle tivese sido substraído de forma irremediable: incluso o tempo transcorrido no cárcere é tempo de Deus e como tal ha de ser vivido; é un tempo que debe ser ofrecido a Deus como ocasión de verdade, de humildade, de expiación e tamén de fe.” San Xoán Paulo II, Mensaxe…, 3.

Xoán Paulo II, na preciosa mensaxe para o Xubileu do ano 2000, falaba do cárcere, inesperadamente, como un kairós. A estancia en prisión non ten por qué ser tempo perdido, hai unha liberdade do espírito irredutible ós condicionantes externos, hai lugar para a esperanza, para abrirse ó propio misterio da nosa persoa diante de Deus, para o perdón, e mesmo para o crecemento e a maduración persoal. Non está todo perdido, hai estimulantes exemplos e experiencias.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 12:29 PM