Doctrina y Citas
Día 1º
Cita: “La
libertad, Sancho, es uno de los más preciosos dones que a los
hombres dieron los cielos; con ella no pueden igualarse los tesoros
que encierra la tierra ni el mar encubre; por la libertad así como
por la honra se puede y debe aventurar la vida”. Cervantes, Miguel
de, El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, 2ª parte, cap.
LVIII.
Texto: “Cando os visitantes do cárcere de Teixeiro atravesan o corredor entre a zona de oficinas e visitas, antes de entrar ó recinto interior do cárcere, encóntranse cunha escultura do cabaleiro manchego á que acompaña esta coñecida cita. As fermosas palabras de Cervantes lémbrannos todo aquilo que estamos a ver: a anguria que provocan ó visitante o aramado, os enreixados, as portas corredoiras, e o aire frío que circula inclemente nos prolongados invernos. Pero todo isto apenas nos da unha idea do drama interior que supón estar privado do maior ben do que gozamos os seres humanos: da liberdade. A imaxe escultórica do Quixote, representa en esquema o rostro do fidalgo, cortado pola figura dunhas reixas, que entre soños e tolerías deixa asomar as grandezas e penas do espírito humano. Leva un nome: Soños atrapados. Son os soños dos mil cen homes e mulleres que alí dentro se encontran, coas súas vidas rotas, separados dunha sociedade que os rexeita e os teme, quizais tamén porque neles pode contemplar o reflexo das súas propias contradicións e fracasos.”