Doctrina y Citas

Día 2º

“A Igrexa <<en saída>> é unha Igrexa coas portas abertas. Saír cara aos demais para chegar ás periferias humanas non implica correr cara ó mundo sen rumbo e sen sentido. Moitas veces é máis ben deter o paso, deixar de lado a ansiedade para mirar ós ollos e escoitar, ou renunciar ás urxencias para acompañar ó que se quedou ó lado do camiño. Ás veces é como o pai do fillo pródigo, que queda coas portas abertas para que, cando regrese, poida entrar sen dificultade.” Francisco, Evangelii gaudium, 2013, 46.

Por ese mesmo patio, tódolos anos, uns días antes do Nadal, pasa D. Julián Barrio para realizar a súa visita pastoral ó cárcere. É un testemuño da súa sensibilidade e proximidade cara ó mundo dos presos e o seu impulso e atención cara á Pastoral Penitenciaria. Neste traballo gustaríame agradecer e asumir o desafío que el tamén nos quixo deixar coa súa Carta Pastoral dirixida ós presos de Teixeiro, pero que quere abrir o camiño da atención pastoral diocesana a un sector desas periferias -grupos de exclusión e descarte- dos que nos urxe a ocuparnos o Papa Francisco.

Last modified: Monday, 9 November 2020, 11:11 AM