Doctrina y Citas
Día 3º
“Se o sínodo
supuxese tan só unha reestruturación meramente organizativa que non
xurdise da escoita sincera da Palabra, sería estéril, pero si
respondese tan só a un proceso de conversión limitado ó persoal,
sen concreción nas nosas institucións diocesanas e nos nosos modos
de facer, sería ineficaz. Con outras palabras, espero que este
sínodo sexa un asunto tanto de raíz, como de follas e froitos.”
Barrio, J., Carta Pastoral para o Sínodo diocesano, 35, outubro
2012.
Unha asistencia
eclesial ós seus fillos encarcerados non se pode centrar
exclusivamente na sempre necesaria atención relixiosa e social
dentro do cárcere, senón que tamén debe coidar moito de ser unha
resposta de raíz e froitos. Atendendo ás causas da delincuencia, á
prevención como a mellor medicina, tendo ante todo como obxectivo
final a preparación para a liberdade como remate dun verdadeiro
proceso de inserción.