Doctrina y Citas

Día 8º

“Nesta Carta Pastoral quero convidar con premura ás comunidades cristiás para que se responsabilicen dos seus presos, a visitalos, estar atentos ás necesidades que teñen, ás das súas familias que sofren con eles unha pena non menor, e a procurarlles sempre os medios para rectificar o rumbo. A pastoral penitenciaria non é só responsabilidade da capelanía que disponiblemente traballa no cárcere. É unha auténtica responsabilidade diocesana que se fundamenta no mesmo relato de xuízo final, no que o Señor mesmo se puxo no lugar da persoa encarcerada.” Barrio, J., “No cárcere...”

A presenza e a atención ós presos é pois, unha constante na vida da Igrexa, e debe ser pensada e organizada segundo os criterios da planificación pastoral diocesana. Así se estrutura dentro do organigrama como unha pastoral específica e especializada, que ten unha identidade propia. Sen embargo a Pastoral Penitenciaria, máis que converterse nunha organización profesionalizada que reducise o problema ó seu ámbito sectorial, debe servir para lembrar que os presos son un asunto e unha preocupación de toda a Igrexa. Os presos non nacen no cárcere, senón que proveñen das nosas parroquias e comunidades, e a elas un día han de retornar. Fracasaría unha Pastoral Penitenciaria moi profesionalizada e eficiente, pero que non axudara a todo o conxunto do pobo de Deus a ser sensible cara un problema que nunca pode ser para nós un asunto sociolóxico, senón que é por encima de todo unha realidade de fe, de esperanza, de revelación, e de encontro. Isto é, un lugar teolóxico.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 11:28 AM