Doctrina y Citas

Día 11º

“Mirade polos que están presos, coma se vós mesmos estivesedes presos con eles; e mirade polos que padecen malos tratos, coma se vós mesmos vivisedes no corpo deles” (Hb 13,3)

Un reto que á Igrexa se lle presenta nos cárceres é atender a unha poboación sorprendentemente diversa, e mesmo cosmopolita. En Teixeiro encóntranse persoas procedentes de moitos países distintos e de tódolos continentes. Diversas linguas e culturas, por suposto tamén relixións. É fermoso vivir a catolicidade da Igrexa nunha circunstancia tan excepcional, pero tamén experimentar emotivos encontros con irmáns doutros credos, pero que reciben tamén o agarimo e a humilde atención da Igrexa. En tantas ocasións, o cárcere convértese en lugar de conversión ou de retorno ó seo da Igrexa. A figura do voluntario ou do capelán de prisións transcende ó ámbito confesional para converterse nun referente de humanidade. Os que participamos deste servizo eclesial constatamos e agradecemos a gran acollida que xentes tan distintas nos tributan, pero ó tempo, asumimos a necesidade de preparármonos para esta esixencia do diálogo intercultural e relixioso.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 11:36 AM