Doctrina y Citas

Día 14º

“Pois asegúrovos unha cousa: no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove xustos que nos precisan conversión” (Lc 15,7)

O noso pequeno equipo de voluntarios diocesano é unha pequena comunidade eclesial onde traballamos unidos leigos, relixiosos e presbíteros, e que se enriquece coa experiencia gozosa de colaboración coa diocese irmá de Mondoñedo-Ferrol, de onde proceden tantos dos presos de Teixeiro. Ó mesmo tempo hai que salientar a colaboración e contacto coas outras dioceses galegas e que ten como froito a celebración anual da Xornada Interdiocesana de Pastoral Penitenciaria. Camiñar xuntos como unha comunidade onde se comparte a experiencia pastoral e humana, pero onde tamén se quere contemplar o misterio de fe, amor e esperanza, que no Espírito alenta como o corazón da Igrexa.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 11:49 AM