Doctrina y Citas

Día 17º 

“O amor apaixonado de Deus polo seu pobo, polo home, é a vez un amor que perdoa. Un amor tan grande que pon a Deus contra si mesmo, o seu amor contra a súa xustiza. O cristián ve perfilarse xa nisto, veladamente, o misterio da Cruz: Deus ama tanto ó home que, facéndose home el mesmo, o acompaña incluso na morte e, deste modo, reconcilia a xustiza e o amor.” Benedicto XVI, Deus..., 10.

Quen de nós pode dicir que está libre de errar? Pódese respirar nunha sociedade incapaz de ofrecer unha segunda oportunidade? A iniciativa do Papa Francisco de convocar o Ano da Misericordia invítanos a volver ó corazón da fe. A lembrar que a síntese da Lei é o amor, e que a plenitude do amor é o perdón. A recoñecérmonos na experiencia de sabernos fráxiles e perdoados, pero sempre acollidos por un Pai que ama e que amosa a perfección de toda xustiza na súa misericordia.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 11:57 AM