Doctrina y Citas

Día 19º

“Vós tende moito coidado, porque vos entregarán ós tribunais e mais ás sinagogas, zorregaranvos duro e hanvos levar ante reis e gobernadores pola miña causa; así daredes testemuño ante eles” (Mc 13, 9)

Neste campo sería importante coordinar esforzos e mirarmos máis alá da nosa propia casa, e abrírmonos á colaboración con aqueles que comparten os mesmos obxectivos. A Igrexa está chamada a inquietar unha sociedade tantas veces esclerotizada, apática e deshumanizada, aportando a luz da súa referencia escatolóxica, inquietando conciencias coa súa denuncia profética das situacións de inxustiza ou abandono e sendo fonte constante de sentido e significado na loita común por un mundo mellor. Por outra parte, a súa real encarnación en fidelidade ó Evanxeo é tamén camiño para ela mesma de sanación das súas fallas de vitalidade e desa mundanidade espiritual denunciada polo Papa Francisco.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 12:02 PM