Doctrina y Citas
Día 20º
“Neste mesmo sentido, unha boa parte das persoas encarceradas proceden das Parroquias, Arciprestados e Vigairías da diocese: os párrocos, arciprestes e vigairos deben visitalos nos cárceres e atender ós seus familiares. O campo da familia é, unha vez máis, un espazo que atendido pastoralmente pode xerar moito ben a todos. Ninguén da comunidade diocesana pode sentirse lexítimamente exonerado deste deber.” Barrio, J., No cárcere...
Un campo no que
desgraciadamente, a Pastoral Penitenciaria queda desbordada é a
atención ós familiares dos presos, en particular ás nais, mulleres
e fillos. A necesidade de superar o agochamento e a vergoña, a
dificultade da aceptación do ser querido, a distancia, as
estreiteces económicas... Especialmente dramática é a situación
dos estranxeiros, que sofren en moitos casos unha gran soidade, e que
no caso dos irregulares acumulan a ameaza da súa posible expulsión.
No campo da atención ás familias é necesario chamar á colaboración de de toda a comunidade diocesana, interesándose pola súa situación, apoiándoas humanamente e facilitando a súa relación co membro preso.