Doctrina y Citas

Día 21º

“Porque a Lei entrou para que a transgresión abundase; pero onde abundou o pecado, sobreabundou a gracia” (Rm 5,20)

O gran drama dos programas educativos e de inserción que os poderes públicos desenvolven dentro das prisións é a frustración ante o desamparo en que o preso cae no día despois da súa liberación, abocándoo en moitos casos á reincidencia. Moitos presos, ó mellor despois de estancias longas en prisión, faltos de apoio familiar e co acceso ó mercado laboral pechado, ven as súas saídas entupidas e acaban por caer de novo na espiral do consumo de drogas e da delincuencia. Cáritas parroquial de San Cristovo das Viñas, apoiada pola Cáritas diocesana, acaba de abrir na súa reitoral un fogar para dúas persoas, de estancia temporal, para o tantas veces temido día despois. Unha iniciativa esperanzadora, no que unha parroquia se converte en signo polo seu compromiso concreto, expresión da dimensión caritativa da vida de calquera comunidade cristiá. Este feito esperanzador únese a outros esforzos xa consolidados a nivel diocesano. Desta forma o acompañamento das persoas máis necesitadas realizado pola Pastoral pode rematar en itinerarios serios de inclusión social.


Last modified: Monday, 9 November 2020, 12:05 PM